A categoría masculina do Universitario Campus Ourense continúa sen estrear o marcador de derrotas, sumando esta fin de semana a súa quinta vitoria consecutiva. Pola contra, a categoría feminina segue sen estrear o marcador de vitorias. Tamén esta fin de semana xogaron encontros de liga os equipos de rugby e fútbol gaélico, ademais de celebrarse a segunda ruta cultural deste curso académico, na que participaron 65 persoas.
18/11/2019