A aula magna da Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle o venres 25 de outubro, ás 19.00 h, un acto no que se celebrarán os 25 anos transcorridos desde que en 1994/1995 arrancaron no campus de Ourense os estudos de entón Enxeñaría Técnica Agrícola. O acto, organizado pola primeira promoción de egresados e egresadas desta titulación en colaboración coa facultade e co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense, será tamén unha oportunidade para reivindicar a importancia destes estudos no contexto galego.
23/10/2019