Este ano abrirase a matrícula do primeiro programa oficial de posgrao en Nanomedicina froito da cooperación interuniversitaria entre Galicia e Portugal e que contará, desde o inicio, coa participación de centros de investigación dos dous países e con módulos que se ofertarán nas universidades lusas de Aveiro, Porto e Minho en Portugal e as galegas de A Coruña, Santiago e Vigo.
A posta en marcha do programa será unha realidade trala sinatura hoxe, entre o ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal, José Mariano Gago e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, dunha declaración conxunta a través da que as dúas administracións, comprométense a impulsar o desenvolvemento do programa. No mesmo acto, celebrado no Círculo Universitario de Porto, os reitores das universidades participantes, rubricaron o protocolo de colaboración para a creación do título oficial, o primeiro que se desenvolverá conxuntamente.
16/01/2008