“Somos a terceira comunidade de España no que a organización de feiras se refire”, resalta o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación, Pedro Figueroa, dun sector, o feiral, que, por mor da crise, “sufriu en Galicia un impacto moi forte”. Non obstante, o coñecemento e experiencia dos seus profesionais, sumados á existencia “dunhas boas infraestruturas”, fan posible revertir esta situación e mellorar a competitividade do sector. Para logralo, será preciso adoptar unha serie de medidas en materia de innovación e internacionalización, como as que recollen os estudos que o grupo de investigación G4 Plus realizou para a Asociación Galega de Feiras.
14/01/2015