Ao longo da historia, o xogo non só constituíu para o ser humano un elemento de entretemento, senón tamén de aprendizaxe. Con esta idea puña inicio a profesora Beatriz Legerén ao IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación, que reúne en CCSS e da Comunicación a expertos e profesionais de diferentes países, co propósito de afondar no potencial educativo destes recursos. Unha ferramenta por explotar desde este eido formativo, como lembrou nesta primeira xornada o deseñador de videoxogos Michael Santorum, que incidiu en que “todo videoxogo é educativo, porque ten unhas regras que tes que aprender para poder xogar”, polo que a clave, apuntou, pasa por “levar máis aló” dos contidos habituais as capacidades narrativas duns recursos que sitúan ao xogador ou xogadora “no centro da historia” e que, polo tanto, poden contribuír a “divertirse aprendendo”.
26/10/2016