A Universidade de Vigo e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP asinaron este xoves en Ourense dous convenios de colaboración. A través deles, a Xunta de Galicia destinará 6,36 millóns de euros para desenvolver o Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, e construír un novo edificio para a súa Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
23/01/2025