As relacións económicas e comerciais entre os países baséanse en convenios bilaterais asinados entre eles. No caso de España, un dos principais receptores destes acordos foi tradicionalmente América Latina, debido á relación histórica e cultural con esa zona. Con todos os seus países membros, explica o xurista Rafael Andrés Velázquez, o estado español asinou convenios empregando un mesmo modelo que, seguindo o patrón doutros estados desenvolvidos, se caracteriza pola súa desigualdade, por establecer moitas obrigas para os países receptores, que xeralmente son os pobres, e moitos dereitos para os investidores, que xeralmente son os ricos. Cando España era economicamente boiante e América Latina unha zona empobrecida esta desigualdade non lle supoña un problema pero agora que a situación económica se inverteu o escenario complícase en diferentes frontes.
21/03/2014