“Entendemos que ningunha protesta, por moi lexítima que sexa, pode impedir o traballo dun órgano democrático de goberno no que están representados todos os sectores da comunidade universitaria: persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e alumnado”. Así iniciou o reitor, Salustiano Mato, unha sesión do Consello de Goberno que, “malia a oferta de diálogo continuo”, foi imposible celebrar onte xoves debido ás protestas dun grupo de estudantes e profesores pechados dende o pasado día 20 na sala de xuntas da Reitoría, na que se debía celebrar a sesión. Este peche produciuse sen previo aviso e sen comunicación, nin á Reitoría, nin á Secretaría Xeral, sobre os motivos do mesmo. Entre as principais decisións adoptadas polo Consello de Goberno destaca a posta en marcha do Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo.
22/03/2013