A Universidade de Vigo será a responsable europea do proxecto GEOID, a achega da Axencia Espacial Europea (ESA) ao programa Humsat aprobado pola ONU que ten como obxectivo a creación dunha constelación de nanosatélites en cooperación con países en vías de desenvolvemento e aplicacións en comunicacións, telemedicina, monitorización de cambio climático e educación. A Universidade de Vigo que coordina un grupo de traballo a nivel mundial do que tamén forma parte a universidade californiana de Calpoly; a Universidade Nacional Autónoma de Méjico (UNAM) ou o CREACTEALC (Regional Centre for Space Science and Technology Education for Latin America and the Caribbean), non só será responsable en Europa do proxecto senón que, segundo acordou a ESA, tamén se encargará da coordinación dun total de nove satélites europeos que serán lanzados ao espazo.
16/03/2010