O pasado mes de outubro a dirección da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación organizou San Teleco XL, un evento de confraternidade e reencontro entre antigos alumnos e alumnas do centro. En definitiva, unha xornada de ledicia na que moitos coñeceron unha mala noticia, “unha das exalumnas díxonos que Nico, o seu sobriño de 18 meses, tiña cancro”, lembra agora Diego Rodríguez, membro da Delegación de Alumnado da EE de Telecomunicación, para quen non pasou desapercibida esta triste nova. Aquel día foi o xermolo dunha idea que, meses despois, tomou forma nas escaleiras do vestíbulo do centro, onde se celebrou a xa tradicional Chocolatada Solidaria, que este ano destina o recadado, de forma íntegra, á asociación Nico contra el cáncer infantil.
24/02/2016