DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Financiado con cargo ao proxecto HEI4Future da EIT Urban Mobility 

Comeza con 40 inscritos o curso para persoal de xestión e promoción de I+D+i da UVigo

Etiquetas
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • Cursos
  • Divulgación
  • HRS4R
  • Investigación
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 11/04/2023

Desde hoxe e ata o 9 de maio desenvolverase o Curso para persoal de xestión e promoción da I+D, transferencia 2023, no que ao longo de 25 horas, persoal de promoción e xestión da investigación, a innovación e a transferencia; xestores e xestoras de centros, agrupacións e grupos de investigación, así como PAS da UVigo interesado nestas cuestións, poderá aumentar a súa capacitación de promoción e xestión da I+D+i da UVigo; coñecer recursos, ferramentas e procedementos coa que conta a institución para a xestión e promoción da I+D e afianzar a colaboración entre servizos e oficinas, centros e grupos de investigación no ámbito da xestión e a promoción da investigación, a innovación e a transferencia. “Ás veces non lle dámos importancia a estas cousas, pero para nós, tela e moito, o feito de que se enchese o curso aos catro días de convocalo e é que responde a unha necesidade de coñecernos, coordinarnos e retroalimentarnos entre as estruturas/centros/unidades que existen na UVigo”, explica Ángeles López, directora técnica da Oficina de I+D da UVigo.

25 horas, oito módulos 

Financiado con cargo ao proxecto HEI4Future da EIT Urban Mobility, o curso estrutúrase en oito módulos, que serán impartidos pola directora técnica e os técnicos superiores da Oficina de I+D da UVigo, Ángeles López, José Jato e Cristina López, respectivamente; o vicexerente de Investigación da UVigo, Anxo Moreira e a directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez.  

Os martes e xoves dos meses de abril e da primeira semana de maio, na sala I do edificio Miralles do campus de Vigo, as e os asistentes abordarán cuestións como a UVigo e o sistema de innovación, módulo co que hoxe se iniciou o curso; o acordos de colaboración en materia de I+D; os proxectos internacionais; protección e promoción do coñecemento; valorización e explotación da I+D+i; as empresas baseadas no coñecemento universitario e a creación, desenvolvemento e maduración das ideas de negocio.