DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Por un sensor que evita asfixias por calor de nenos e mascotas no interior de vehículos

O equipo BiCAReful da Universidade de Vigo gaña o Premio Innovación Sostenible de HackForGood 2019 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 04/07/2019

O equipo BiCARerful formado por estudantes da Universidade de Vigo gañou o Premio de Innovación Sostenible de Telefónica da edición HackForGood 2019. Diego Albo, Aitor González, Ana Barros e Fabio e Adrián Iglesias, todos estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, desenvolveron un sensor destinado a evitar asfixias por calor que poden sufrir sobre todo nenas e nenos e mascotas no interior de vehículos. A aplicación permite medir a temperatura dentro dos coches e avisar á ou ao propietario, ou ao 112, se o dono non responde, para que actúen.

O estudantado vigués desenvolveu esta aplicación para o HackForGood 2019 desenvolvido na Universidade de Vigo o pasado mes de marzo. Xunto a Vigo, Cáceres, Ciudad-Real, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Murcia, Salamanca, Sevilla, Valencia e Valladolid foron as ciudades que acolleron máis de 600 estudantes na edición 2019 da iniciativa promovida por Telefónica. 

Ademais do Premio de Innovación Sostenible para BiCAReful de Vigo, tamén se outorgou o premio Blockchain For Good ao equipo ATLAS de Madrid, pola creación dun sistema de identidade dixital baseada en blockchain e biometría para refuxiados internacionais. 
 

Noticia sobre a celebración do HackforGood no campus de Vigo