DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Convocado pola Federación Española de Asociaciones de Profesores de Francés

Tres estudantes de Educación Primaria gañan o certame Un TikTok de Musique 2023

Cos seus vídeos interpretativos de cancións de artistas francófonas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Estudantado
  • Internacional
  • Estudantes
DUVI Ourense 28/11/2023

Tres alumnas do Grao de Educación Primaria da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense son as gañadoras do primeiro e segundo premio do certame Un TikTok de Musique 2023, convocado pola Federación Española de Asociaciones de Profesores de Francés co gallo do día internacional destes docentes. O concurso tiña como obxectivo familiarizar e achegar a música francesa á sociedade, convidando ao alumnado das diferentes etapas educativas a facer un vídeo de formato TikTok ou similar (Snapchat, Instagram, etc.) no que interpretasen ou teatralizasen unha canción dun artista francófono, cunha duración máxima dun minuto.

Na categoría de alumnado de Escolas Oficiais de Idiomas e Universidade, o primeiro premio foi para as estudantes da facultade ourensá Sabela Pousa e Marta Rodríguez, que representaron en linguaxe de signos a canción Je vole, que interpretada no filme A familia Bélier pola cantante Louane Emera. O segundo posto foi para a alumna do mesmo curso Natalia Covelo, que representou a canción Dernière danse, da cantante Indila. As alumnas realizaron os seus traballos no marco da materia Lingua Francesa e a súa Didáctica, impartida pola profesora Sara Vázquez en terceiro curso do Grao de Educación Primaria. A docente felicitou ás gañadoras así como ás e aos demais estudantes da materia que se animaron a participar polo bo traballo realizado e por contribuír a fomentar a aprendizaxe da lingua francesa.