DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Promovida polo Centro Internacional Santander Emprendimiento e a Fundación Mapfre

Últimos días para presentarse á incubadora de emprendemento para maiores de 50 anos 'TaleS'

O programa desenvolverase na Facultade de Comunicación, da man da Cátedra de Idadismo 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Emprender
  • Universidade e empresa
  • Académica
DUVI Pontevedra 26/04/2023

Ata este domingo 30 de abril permanece aberto o período de inscrición no porgrama de apoio ao emprendemento sénior TaleS, dirixido a persoas maiores de 50 anos e promovido pola Fundación Mapfre, a través do seu Centro de Investigación Ageingnomics, e polo Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE). Da man da Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo, a Universidade de Vigo súmase por primeira vez a este programa interuniversitario e contará cun total de 15 prazas, dirixidas a maiores de 50 anos que busquen formarse no ámbito de emprendemento e aprender a levar as súas ideas ao mercado. De carácter gratuíto, as persoas seleccionadas participarán ao longo de 14 semanas nunha serie de actividades na Facultade de Comunicación, nas que recibirán formación en metodoloxía Learn Startup, Design Thinking, validación, prototipado e orientación ao cliente, á vez que traballarán en equipo con novos emprendedores e emprendedoras.

Na Universidade de Vigo, na que a iniciativa será coordinada pola profesora da Facultade de Comunicación Montse Vázquez, o programa arrancará o 25 de maio, cos 15 emprendedores e emprendedoras seleccionados de entre as solicitudes recibidas, para as que non é preciso ter xa unha idea de negocio definida. Ademais de na UVigo, a segunda edición de TaleS desenvolverase tamén nas universidades de Cantabria, Granada, Estremadura e Las Palmas de Gran Canaria.