Persoas practicando caiac

mUVers

Para manter un estilo de vida saudable, síguenos nas nosas redes sociais

 

Instagram  Youtube 

campus activo

Mergulladora

Actualidade mUVer

Na Universidade de Vigo preferimos ser mUVers. Unha persoa mUVer é activa, fai deporte, ten hábitos saudables, quere mellorar, sabe como traballar en equipo e busca a felicidade todos os días. Nós andamos sempre en movemento e por sorte temos un trazo fácil de recoñecer: exercitámonos con responsabilidade, respectando a xente e o medio. E ti? Queres formar parte do movemento mUVer? 

Programas destacados

Actividades e competicións

A Universidade de Vigo dispón de moitas actividades e programas deseñados para o benestar e a diversión: adestramento personalizado, bádminton, tenis de mesa, ioga, atletismo, escalada, rutas culturais, rutas en caiac, surf, tenis, natación, xadrez, zumba... Se es amante do deporte de competición, podes participar nas ligas e nos torneos internos, no deporte federado, nos campionatos galegos universitarios, nos xogos deportivos galaico-durienses ou nos campionatos de España universitarios. As nosas instalacións tamén están abertas á competición lúdica e informal.

Saber máis

 

Persoas camiñando cara a auga nunha praia transportando táboas de surf

Rocódromo

Instalacións e abonos

En cada un dos nosos campus podes atopar espazos deportivos para desenvolver a actividade física que máis che gusta: fitness, natación, tenis, baloncesto, xadrez, tenis de mesa... Ademais, a universidade conta cun amplo abano de centros deportivos colaboradores.

Ver instalacións e abonos

Ciclista de costas

Ser mUVer compensa!

Preme na seguinte ligazón para descubrir os beneficios dos que poderás gozar se te convertes en mUVer:

Saber máis