O Foro Económico de Galicia fixo público este martes e por segundo ano as previsións de crecemento para a economía galega. O Centro Social Abanca, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación dun documento no que “se ordenan e presentan todas as previsións para o PIB de Galicia, avaliando a súa capacidade predictiva, e remata cunha previsión de consenso baseada na combinación de toda a información dispoñible”. O resultado final achega unha estimación por parte do Foro Económico de Galicia de crecemento do PIB en 2018 do 2,9%.
15/05/2018