Tras anos de duro traballo, de algún que outro atranco e de moitísimas satisfaccións derivadas da volta ás aulas, este venres celebrouse na EU de Estudos Empresariais o acto de graduación do alumnado do Programa Universitario de Maiores: 20 alumnas e alumnos da XIV promoción de titulados/as universitarios sénior, estudantes que acaban de rematar o ciclo intensivo do programa, e 13 da XII promoción de titulados/as superiores sénior.
22/10/2018