Repensar, recuperar, reciclar e reempregar. Estas catro palabras dan título e estruturan os contidos do primeiro dos cursos de verán que se pon en marcha en Pontevedra neste 2023. Inserido na programación de Extensión Universitaria da Vicerreitoría do campus e dirixido polo profesor da Facultade de Belas Artes Marcos Covelo, este taller de 30 horas pon o foco na recuperación de procedementos téxtiles tradicionais, baixo unha mirada contemporánea.
26/06/2023