O sábado 6 novembro a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo celebrará a segunda ruta cultural deste curso académico. A andaina transcorrerán polas fragas do río Barragán, en Pazos de Borbén (Pontevedra).
Este xoves, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu un obradoiro que tivo como obxectivo achegarse ao estado actual da utilización dos medios electrónicos nas sociedades de capital, aos seus problemas e paradoxos.
Un curso académico máis a Facultade de Dereito volverá a acoller a celebración do seu Curso de Actualización Xurídica. A iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, contará con oito conferencias
A emigración galega a Arxentina protagoniza un destacado capítulo na historia dos últimos séculos de Galicia. Ela foi a protagonista este mércores na Facultade de Historia dunha conferencia ofrecida por Ruy Farías.
Co obxectivo de contribuír a esa relectura da historia desde unha perspectiva de xénero, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a celebración da IV Xornada Olladas á antigüidade: maternidade e infancia.
O vindeiro 27 de outubro celebrarase de xeito virtual a terceira edición das xornadas de Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e AICOGestión.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo iniciou este xoves pola tarde a programación deste curso académico do seu ciclo de conferencias divultagivas Foro Aero. Foi cunha conferencia de Jorge Potti.
O ciclo de charlas divulgativas Conversas, do programa de mentorización Meta, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arranca a súa programación deste curso académico.
Este mércores o campus de Ourense acolleu, tal e como aconteceu o pasado 6 de outubro no campus de Vigo, o acto de benvida ás e aos beneficiarios das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que impulsa a Xunta de Galicia.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación de actividades deste curso académico cunha conferencia titulada Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar.
Conflito xeracional. Falla de motivación na xente nova. Soidade nas persoas maiores. Prexuízos sociais... Estes son algúns dos temas protagonistas da curta que esta semana grava na localidade ourensá de Celanova alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancaron estes sábado a súa programación do curso 2021/2022 cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancan a súa programación do curso 2021/2022 este sábado 16 de outubro cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.
O curso Especialista en Autonomía de Mozos e Mozas no Sistema de Protección, posto en marcha este curso académico por primeira vez na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, xa está en marcha.
A temática e o lema da sétima edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que este mes acolle o campus de Ourense é Para ler (n)un mundo sustentábel e para falar dun mundo e dunha literatura máis sostible este mércores achegáronse ao campus de Ourense os mestres e creadores Xabier Domínguez e Alba de Evan.