Tres días despois da súa toma de posesión, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañado de varios membros do seu equipo de goberno, mantivo esta tarde un encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, no que os responsables de ambas as dúas institucións manifestaron a súa intención de buscar fórmulas de colaboración para desbloquear a débeda que a institución académica mantén coa administración local en relación co pago do IBI, así como para mellorar o transporte público ao campus vigués.
12/06/2018