Os días 19 e 20 de xaneiro as instalacións deportivas do campus de Ourense, concretamente o seu pavillón de deportes, acollerán o 18º Campionato de España e o 1º Open de España de Remo Indoor. A cita está organizada pola Federación Española de Remo e a Federación Galega de Remo contando coa colaboración, ademais do campus de Ourense, do Inorde, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, entre outros.
17/01/2019