8 mulleres para o 8M é o título dunha proposta impulsada desde a Facultade de Belas Artes con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e coa que tratará, segundo explica na súa web, tanto “visibilizar o papel da muller na arte contemporánea”, como “pór de manifesto a capacidade de moitas artistas para facer fronte ao pensamento dominante e incidir en cuestións relacionadas co xénero, o social e o político, moitas das cales aínda non foron totalmente resoltas”.
08/03/2021