Xerar coñecemento, tanto teórico como práctico, respecto de como a economía social e solidaria pode contribuír á mellora da inclusión social, da calidade de vida e da accesibilidade aos servizos nas zonas rurais. Ese é o obxectivo central do proxecto europeo Serigo, no que participa o Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo.
Dirixida a que tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada poida iniciarse nas diferentes fases do proceso de creación dunha obra, a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra traballa na montaxe que presentarán na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).
“A realidade virtual inmersiva é unha ferramenta válida e fiable para a avaliación da competencia motriz en adolescentes”. Esta é a principal conclusión do estudo desenvolvido polo grupo de investigación HealthyFit nun proxecto de innovación educativa centrado en coñecer se sería factible empregar un exergame para avaliar as habilidades motrices de estudantes de secundaria.
Cun orzamento de 2,3 millóns de euros e no marco da convocatoria Interreg Atlantic Area, este xoves botou a andar en Vigo o proxecto europeo Marinnonet, que ten como finalidade mellorar as capacidades de innovación e transferencia das rexións do espazo atlántico no eido da biotecnoloxía azul.
As Rías Baixas son sistemas socioecolóxicos sensibles que se enfrontan aos efectos provocados polo cambio climático ao mesmo tempo que á presión antropoxénica xerada pola industria, a acuicultura ou as actividades portuarias e pesqueiras.
Despois de case 20 anos de traballo, o detector Califa xa está listo para funcionar en Alemaña. Liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), este calorímetro conta coa participación da Universidade de Vigo.
O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e elementos procedentes tanto da obra orixinal de Shakespeare como do relato A Cartomante, do brasileiro Machado de Assis, combínanse coas dinámicas dun videoxogo nunha proposta de teatro interactivo que ten como directores artísticos a integrantes do grupo ComTecArt.
Avaliar os efectos dunha intervención baseada en exercicio terapéutico no benestar psicolóxico dun grupo de vítimas de violencia machista é o obxectivo do estudo que leva a cabo o grupo de investigación FS1, da Facultade de Fisioterapia, co financiamento da Deputación de Pontevedra,
Un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, Cintecx, serán os encargados de probar unha nova caldeira que funciona ao 100% con hidróxeno verde. Deseñada e fabricada polo grupo Ferroli, é froito do intenso traballo que esta empresa vén desenvolvendo na procura de sistemas para o confort do fogar con baixos niveis de contaminantes e baixas emisións.
A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
Un total de 23 mozos e mozas foron seleccionados nesta tempada para o Programa de Tecnificación CGV-CGTD da Federación Galega de Vela, no que se forman as novas promesas deste deporte, que contan coa colaboración do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condición Física e Benestar da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na súa preparación física e readaptación.
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
A bordo do buque polar búlgaro Sv Sv Kiril i Metodii RSV, os investigadores Mariano Lastra, Jesús Souza Troncoso e Jesús López, membros do Centro de Investigación Mariña CIM-UVigo, chegaron a pasada fin de semana á base Gabriel de Castilla, en Illa Decepción.
A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo LaserON lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada “glass laser transformation”.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.