En 2021, a Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra asinaban un convenio para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e tecnoloxías que posibilitou a realización de preto de 50 propostas. Esta colaboración continuará no presente ano grazas á sinatura dun novo convenio, co que a Vicerreitoría do campus e a Concellería de Promoción Económica e Universidades buscan impulsar unha programación aberta a toda a cidadanía.
12/05/2022