Na provincia de Ourense e no conxunto de Galicia, o sector agrario é un dos máis relevantes polo seu peso socioeconómico histórico. Tamén é un dos sectores que nos últimos ano ten vivido unha maior transformación debido ao impacto da tecnoloxía. Co obxectivo de visibilizar esta relevancia, o Grao de Enxeñaría Agraria, da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, convoca por segundo consecutivo o seu certame de fotografía, aberto ao alumnado tanto universitario como preuniversitario.
02/06/2023