“Estamos ás portas dun ano histórico para o rugby galego, xa que por primeira vez, un equipo galego xogará na máxima categoría do rugby nacional”. Así de contundente se amosou Ramón González Babé, presidente do Universidade Iveco Vigo Rugby Club, na presentación oficial do equipo para esta tempada, un acto no que estivo acompañado por todo o cadro de xogadores, moitos socios simpatizantes e polos representantes daquelas institucións que fan posible esta realidade, en especial, salientou, “á Universidade de Vigo, xa que este é o vixésimo cuarto ano de apoio ao noso proxecto, e a Iveco, o noso outro eixe fundamental ”.
Precisamente dende a Universidade, o vicerreitor de Economía e Planificación, Xosé Manuel García, reiterou que a Universidade seguirá “a apoiar un equipo co que comparte a mocidade e o afán de superación”.
08/09/2011