O alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución tivo este martes a oportunidade de coñecer de primeira man a Fundación Penzol, un centro de referencia da lingua e cultura galega. Fixérono cunha mesa redonda na que participou o vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, o presidente da Fundación, Francisco Domínguez e os profesores da Universidade, Camiño Noia Campos e Xosé Manuel Dasilva. No acto, que contou tamén coa participación de Alfonso Zulueta de Haz, ex-presidente do Consello da Cultura Galega, a comunidade universitaria rendeu a súa particular homenaxe a Fermín Fernández Penzol - Labandera, polo importante papel que xogou para a cultura galega.
23/11/2010