Rexistrar especies xa descritas con anterioridade, aínda que non sempre coñecidas na rexión, e incluír outras novas, como de feito xa sucedeu co crustáceo Munidopsis anaramosae, é o obxectivo do Catálogo das especies e hábitats bentónicos da África Occidental, un proxecto no que participan investigadores da Universidade de Vigo e dos centros de Vigo, Madrid, Canarias e Cádiz do Instituto Español de Oceanografía, IEO, así como do taller de imaxe da Universidad de Alicante. Esta iniciativa, que se insire no marco dun convenio asinado entre a Universidade e o IEO no ano 2008 para o estudo taxonómico dos invertebrados bentónicos de augas africanas e antárticas, conta para o seu desenvolvemento cun financiamento de 639.000 euros, recentemente acadado nunha convocatoria de proxectos da fundación privada suíza MAVA.
09/06/2014