A Universidade de Vigo avanza cara a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior contando desde hoxe co visto bo do Consello de Goberno á maior parte das propostas de titulacións de grao realizadas desde os centros. Con 24 votos a favor, 3 en contra e 5 abstencións, os membros do Consello de Goberno apoiaron a transformación dun total de 24 titulacións existentes na actualidade nos seus correspondentes graos que unha vez aprobados polas autoridades educativas entrarían en vigor no curso 2009-2010. Trátase dos graos en: Turismo, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Educación Social, Traballo Social, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Bioloxía, Ciencias do Mar, Química, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Fisioterapia, Enfermaría, Tradución e Interpretación, Enxeñaría Informática, así como as titulacións de Mestre de Educación Infantil e Mestre en Educación Primaria.
28/04/2008