A primeira fase do proxecto BIOCAPS, que arrancou no mes de febreiro, colleita xa os seus primeiros froitos que se traducen na incorporación dos primeiros cinco investigadores e investigadoras sénior. A súa presentación e a das súas liñas de traballo realizouse este mércores no marco do primeiro Seminario Científico BIOCAPS, Ciencia Interdisciplinar en Biomedicina. Roberto Carlos Agis-Balboa, Luiz Stark, Eva Mª Vigo, Miriam López e Susana Álvarez, acompañados polo reitor da Universidade, Salustiano Mato, e pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, explicaron os seus respectivos campos de traballo, a bioloxía molecular, a inflamación, a investigación en laboratorios de animais, a bioloxía celular e a farmacoloxía preclínica.
12/06/2013