A Oficina de Medio Ambiente (OMA) pon en marcha, por segundo ano consecutivo, a campaña de recollida de teléfonos móbiles coa que colabora co proxecto Mobilízate pola Selva, promovido polo Instituto Jane Godall. O curso pasado estivo en activo ata o mes de xullo, cun éxito “relativo”, como explica Marta Pérez, da OMA. “Tendo en conta que foi unha primeira experiencia e que hai empresas que compran os móbiles, a resposta pode considerarse moi boa”, asegura. Recolleron preto de cen aparellos, cifra que esperan superar este ano, no que os colectores estarán sete meses.
11/01/2011