As especies invasoras non entenden de fronteiras, a súa proliferación fóra da súa contorna natural non se frea por estadas, pontes, ríos ou barreiras, polo que a estratexia para atallar este problema debe ser converxente. Investigadores, científicos, administracións públicas e empresas deben traballar de xeito coordinado para establecer sinerxías e liñas común de acción, para o que é preciso crear un punto de encontro. Este lugar común é a Reunión Ibérica sobre Plantas Invasoras, que nace con vocación de continuidade da man de José M.ª Sánchez e Luis González, director e secretario do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
03/05/2011