A Universidade de Vigo entrará o vindeiro curso no Espazo Europeo de Educación Superior cunha titulación adaptada ao novo sistema que estará totalmente implantado no ano 2010. Belas Artes sitúase en vangarda na institución académica no proceso de adaptación europeo tras recibir nas últimas horas o visto e prace da ANECA e do Consello de Universidades, que tamén informaron favorablemente no caso doutras 139 titulacións presentadas por entidades públicas e privadas de toda España, mentres que rexeitaron 57 propostas.
Xunto á Universidade de Vigo, só a de Zaragoza no sistema público e a Francisco de Vitoria no privado, contarán cun Grao en Belas Artes o vindeiro curso, no que Galicia disporá doutras catro titulacións adaptadas ao EEES como son Socioloxía e Terapia Ocupacional, na Universidade de A Coruña, e Ciencias Políticas e Matemáticas, en Santiago. Coa tranquilidade de formar parte do novo sistema europeo, o decano do centro, Ignacio Barcia, analiza no Duvi os aspectos fundamentais do proceso.
29/05/2008