A dúbida existencial sobre o sentido da vida é unha cuestión que altera a tranquilidade do home dende hai séculos. Neste contexto o decano da Facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana, amosa as súas inquedanzas persoais sobre este tema na exposición Hasta vaciarse de tanto aquí, que toma como eixe central a identidade do ser humano “que sempre se debate entre a individualidade e a necesidade de pertencer a un colectivo”. A mostra, composta por obras de distintas disciplinas, con fotografía, vídeo, escultura e instalación, outórgalle un protagonismo especial ás imaxes de barcos, empregadas como elementos simbólicos.
15/03/2012