Os profesores Enrique Barreiro, Silvana Gómez, Francisco Tugores, María Dolores Fernández e María Beatriz Vaquero e os estudantes Iván Fernández, Santiago Pato, Hadrián Fernández, Luis González e Antonio Fernández converteranse nos próximos días en membros do novo Consello de Campus de Ourense. Así o decidiron este martes os 23 representantes do PDI e os 13 alumnos e alumnas chamados a votar nunhas eleccións que tiveron lugar no Edificio de Ferro e que definirán a composición deste órgano colexiado de representación e coordinación, do que tamén forman parte o reitor, o vicerreitor e os decanos e directores do campus.
01/10/2014