Nun ateigado Museo Municipal tivo lugar este xoves a presentación do libro Os instrumentos musicais na tradición galega de Pablo Carpintero, con deseños de Xoán Ramón Marín. Na presentación do volume que incluíu un concerto didáctico a cargo de Carpintero, a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, adiantou unha nova colaboración do proxecto Ronsel co concello de Ourense no marco do proxecto Oralities de xeito que no mes de novembro terán lugar na cidade das Burgas unha serie de actividades enmarcadas no proxecto europeo que involucra ademais de Ourense a cidades de Italia, Francia, Bulgaria ou Portugal.
26/02/2010