O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), fixo público este mércores os datos do seu último Barómetro Exportador de Galicia (Baexga). A análise sectorial feita polos seus expertos sobre as exportacións galegas en decembro de 2020 amosa “un crecemento das exportacións galegas dun 6,8% con respecto o mesmo mes de 2019. Un valor considerablemente superior ao rexistrado polo conxunto de España, que aumentou un 0,9%”.
24/02/2021