Un ano máis, Alex Ferradás, persoa dependente dunha cadeira de rodas dende o ano 2006 e un dos fundadores do proxecto Working Wheels, que traballa pola accesibilidade e a integración, achegouse ao campus de Ourense para ofrecer unha conferencia. A través da súa historia persoal, o alumnado do Programa de Maiores do campus puido achegarse ás emocións que experimenta unha persoa en cadeira de rodas e os retos que afrontan no seu día a día.
27/05/2021