Durante este mes de maio a comunidade universitaria terá tres oportunidade para coñecer o campus de Vigo dende outra perspectiva, para achegarse a unha contorna que é moito máis que un lugar de estudo e traballo.
As vitorias acadadas tanto na manga masculina como na feminina polo estudantantado do campus pontevedrés converteu á Universidade de Vigo na gañadora da II Regata Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra, disputada na tarde deste luns en augas interiores da ría de Pontevedra.
Os campionatos de España universitarios seguen deixando boas novas en forma de medallas para a Universidade de Vigo. O último éxito foi o obtido esta fin de semana no CEU de bádminton celebrado no Palacio de Deportes de Santander. A UVigo conseguiu o bronce por equipos, mentres que o estudante Antonio Iglesias obtivo a medalla de prata na competición individual.
O vindeiro luns 29, o alumnado do campus de Pontevedra e da Escuela Naval Militar medirase novamente nas augas da ría de Pontevedra, na II Regata Cátedra Almirante Álvarez Ossorio, que nesta ocasión disputarase con bateis.
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
Coa participación de 35 equipos das tres universidades públicas galegas, conformados por preto de 650 estudantes, e competicións de seis modalidades deportivas, que se desenvolveron en cinco instalacións deportivas, Pontevedra acolleu nas xornadas de mércores e xoves o XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
Preto de 650 estudantes das tres universidades públicas galegas participan desde a mañá deste mércores en Pontevedra no XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 2 de marzo cunha andaina de montaña que descorrerá por Cabeza de Manzaneda pola serra de San Mamede (Ourense).
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.
Dende a aprobación en 2021 do Estatuto do Estudantado Deportista na Universidade de Vigo, o número de alumnado que ten recoñecida esta acreditación non fixo senón aumentar curso tras curso.