O inicio dos estudos universitarios constitúe un momento de cambios para o alumnado, nos seus modos de vida, nas súas relacións persoais..., polo que tamén pode ser un bo momento para cambiar de lingua. Partindo desta idea, a Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra impulsan o programa Falamos, dirixido a potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus de Pontevedra
08/07/2020