A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense organizou este mércores unha conversa na que se lembrou aos fundadores da Escola Laica Neutral de Ourense, Teresa Roqueta Vila e Hipólito Sinforiano Luengo. O acto contou coa participación de Mireia e Yolanda Roqueta Fontiguell, familiares de Teresa Roqueta, e de Xosé Manuel Cid, decano do centro organizador e especialista en Historia da Educación.
17/11/2022