O número 78 da Revista Galega de Educación, un monográfico titulado Dez anos de plurilingüismo?, foi presentado este xoves na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. Ante as e os futuros mestres presentes no acto, os seus promotores abordaron “os efectos negativos” que tivo na presenza e no uso do galego nas escolas o decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
06/05/2021