200 estudantes, máis de 30 países, multitude de linguas. A Universidade internacionalízase ano tras ano coa chegada de estudantes estranxeiros, aos que este mércores se lles ofreceu un acto de benvida na Facultade de Filoloxía e Tradución, o centro no que cursarán estudos a maioría deles. Ademais da vida académica, a Universidade ofrécelle a estes estudantes unha ampla oferta de iniciativas que puideron coñecer de primeira man neste acto.
En total, son 205 novos estudantes nos tres campus, dos que 153 estarán en Vigo neste segundo cuadrimestre e, a estes, hai que engadir os 120 alumnos que teñen unha bolsa para todo. Segundo subliñou Eva Garea, técnica da Oficina de Relacións Internacionais, “entre Erasmus, ISEP e outras bolsas e convenios, este ano sodes máis de 500 estudantes de intercambio na Universidade e agardamos que cada ano sexades máis”.
27/02/2008