Preto de 11.000 persoas dotan de vida diariamente ao campus de Vigo entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Pero o potencial arquitectónico, paisaxístico e arqueolóxico pode convertelo nun parque para os cidadáns, para pasear, gozar da vexetación e facer deporte. Este é o espírito co que nace o Parque do Coñecemento, un proxecto para abrir o campus á sociedade, para que se converta no gran parque periurbano de Vigo que dote á zona de vida fóra do horario lectivo e nas fins de semana. Os atractivos para atraer aos visitantes son moitos: paisaxe, arquitectura, medio ambiente, historia, escultura...
23/05/2012