O fin de vida académica é unha porta que se abre ao mundo profesional, un tránsito necesario para converter o talento de cada quen no seu sustento e este é o fundamento da mostra Do final e do comezo, que este venres se inaugura no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nela recóllense os traballos de 45 titulados da Facultade de Belas Artes do campus comisariados pola vicedecana do centro, Silvia García. No acto de inauguración, os artistas noveis terán o respaldo institucional do reitor, Salustiano Mato e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, así como da vicerreitora do campus, Antonia Blanco e o vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade, Ignacio Barcia, profesor tamén na Facultade de Belas Artes.
14/06/2013