“Xogamos, moi ben, pelexamos ata o final, pero non puido ser” explicou o adestrador do Campus Universitario, Nino Santos, tralo partido ante o Foz que rematou co axustado marcador 66-63. “Fixemos un moi bo partido pero, ironicamente no primeiro cuarto, só encaixamos dous puntos. Era incrible, estábamos como gafados, a pelota non entraba na rede” comentou. “A dous minutos do final, empatados, o árbitro concedeulles unha canasta que eu creo que non era” dixo. A vindeira cita será ante o Vilalba o domingo ás 18.00 h.
03/03/2008