Ladislao Castro, profesor de Historia Antiga da Universidade de Vigo, afirma que “o uso de máscaras é algo universal”. Na súa opinión, “é moi estraña a sociedade que non utiliza manifestacións ou iconas para a representación de arquetipos, ideas abstractas ou representacións cósmicas”, declara. Ladislao Castro é un dos relatores que participan nun curso de extensión universitaria sobre o entroido que se está a desenvolver durante toda esta semana na Casa da Cultura de Xinzo de Limia co obxectivo facer un percorrido polas variedades desta festa en Galicia e no Noroeste peninsular.
13/07/2010