“É a mostra máis ambiciosa, con máis grupos e actividades paralelas das que se teñen celebrado ata o de agora”. Así cualifica o director da MITEU –Mostra Internacional de Teatro Universitario- Fernando Dacosta a décimo quinta edición do certame que se desenvolverá entre os días 11 ao 29 de abril en distintos escenarios da capital ourensá “e que situará á cidade á vangarda do teatro” segundo a concelleira de Igualdade do Concello de Ourense, Marta Arribas. O programa do certame inclúe 38 actividades entre as que haberá non só representacións escénicas senón tamén proxeccións de documentais, conferencias, exposicións e ata un curso de esgrima e combate escénico. Para o vicerreitor do campus de Ourense Juan Francisco Gálvez cada euro que se inviste en teatro "é un euro que repercute no campus sobradamente".
07/04/2010