O pasado 26 de febreiro o Campus Ourense Rugby converteuse oficialmente en campión da Liga Galega de Rugby, o seu primeiro título de liga. Para celebralo este sábado, día 12, o equipo e o Servizo de Deportes do campus organizan un Día de Rugby na cidade. Nel, as diferentes categorías deste deporte, desde os máis pequenos aos veteranos, compartirán un día diferente de xogo, exhibición e diversión. A xornada, aberta a todo o público que queira achegarse, comezará pola mañá cun adestramento especial do equipo sénior do Campus Ourense Rugby a cargo do ex xogador Latta, que foi internacional con Arxentina.
11/03/2011