Volumes, sistemas construtivos, tridimensionalidade, linguaxe escultórico…. Baixo estas premisas e co soporte material da lona, a estopa, o tafetá, o poliéster ou o algodón desenvolveuse o traballo das 17 estudantes de segundo curso de Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza, que integran a mostra Tecido cru III. Positivo e negativo, que este xoves abriu as súas portas na Casa Galega da Cultura de Vigo. África Abadín, África González, Andrea Flórez, Andrea González, Ánxela Carballo, Bibi Martín, Candela Nóvoa, Carla Soage, Esther Suárez, María Alborés, Naiara Gómez, María Lázara, Nerea Rodríguez, Noemí Vidal, Sandra Vázquez, Silvia Marra e Ana Taboas, amosarán ata o vindeiro 28 de xaneiro as súas pezas, nunha mostra comisariada por Lola Dopico e Cristina Varela.
14/12/2017